O ANXO MOTEIRO

O NOSO ANXO MOTEIRO

A nosa homenaxe aos motoristas caídos

En A Rosa dos Ventos levamos anos poñendo en valor a memoria de todos os motoristas que se quedaron na estrada. O Anxo Moteiro é a forma máis visible dese compromiso: unha escultura de oito toneladas de granito que naceu do motoclub e que hoxe é xa un referente nacional dentro do mundo das dúas rodas.

A TRADICIÓN DE XANEIRO

Un espazo que segue crecendo

Co tempo, e de forma completamente espontánea, foise creando unha tradición: cada comezo de ano, centos de motoristas visitan o Anxo Moteiro como forma de arrincar a tempada lembrando aos que xa non están. Cando nos demos conta da dimensión que estaba a tomar este costume, decidimos recoñecela oficialmente. Hoxe emitimos un diploma acreditativo a todos os motoristas que visitan o monumento entre o 1 e o 15 de xaneiro e fannos chegar a súa foto.