Inscricións en web do 1 de maio ao 1 de xullo
1. Os participantes serán responsables das súas infraccións ás leis, regulamentos e/o disposicións en vigor. A organización, declina toda responsabilidade, calquera que sexa, por accidentes causados por persoas ou cousas, tanto dos participantes como de terceiros.
2. Todos os vehículos participantes deberán estar provistos da documentación necesaria para circular por vías públicas e con certificado de seguro obrigatorio, cumprindo todas as normas establecidas.
3. A organización resérvase o dereito de admisión e a facultade de retirar a inscrición a calquera participante que non se ateña ás normas anteriormente citadas, ou que polo seu comportamento insociable ou incívico, moleste aos demais.
4. A organización resérvase o dereito para establecer os cambios na programación, que estime convenientes, sen que por iso poida dar lugar a reclamación por parte dos participantes.
5. Os nenos menores de 3 anos poden asistir ás comidas e ceas sen custo adicional, sempre que vaian acompañados do seu titor legal e non ocupen unha praza na mesa (por exemplo, se van en carriño). Este acceso non inclúe a súa inscrición no evento.
6. Os agasallos entregaranse exclusivamente en función dos datos rexistrados durante o proceso de inscrición, xa sexa a través da web ou en despacho de billetes. Non se terán en conta modificacións ou información comunicada por outros medios.